O Círculo de Sanxenxo volveu ser o protagonista do 1 de maio na localidade, grazas á celebración da Festa dos Maios que organiza en colaboración con Concello e que conta con gran implicación social.
A retranca, as coplas enxeñosas e a crítica política encheron o ambiente e, ao ritmo dos paus dos pequenos participantes, puxéronlle son ao comezo do mes de maio e á tradición.
Tras a deliberación do xurado, o concurso repetiu un resultado xa coñecido. Por segundo ano consecutivo, o primeiro premio levouno o colexio A Florida de Sanxenxo.
O segundo premio foi este ano para a asociación Obradoiro Cultural Volandeiras de Cambados.
Coma o primeiro, tamén o terceiro premio quedou en casa. Gañárono os escolares do CEIP Portonovo.
Ademais, houbo premios para todos os colexios e asociacións culturais participantes.
