Alertan dunha vertedura de entullos baixo a ponte da autoestrada en Mollabao

Pontevedra
25 de febreiro 2017

Os veciños alertan do abandono no que se atopa este barrio de Pontevedra nas proximidades á Casa do Mar de Mollabao

Colchóns abandonados en Mollabao Mollabao Si

Veciños da contorna do barrio de Mollabao denuncian que desde hai días poden observarse restos de obra que foron vertidos nesta zona, baixo a ponte da autoestrada. También denuncian la presencia de colchones abandonados en regatos.

Os restos atópanse nun saco roto e esténdense por un solar nas proximidades á Casa do Mar. Ante esta situación, os veciños deste barrio reclaman a intervención do goberno local do Concello de Pontevedra ao entender que toda a zona atópase nunha situación de abandono.

Denuncian que os solares se enlaman coa choiva, crecen as malas herbas sen que se faga unha limpeza polos servizos municipais e detéctanse numerosos danos no mobiliario urbano, sobre todo nos bancos. 

Tanto o grupo municipal do Partido Popular como o do Partido Socialista denunciaron en varias ocasións a situación de abandono que sofre esta contorna situada a oitocentos metros do centro da cidade.