Alertan sobre o alto risco da influenza aviaria no Grove

O Salnés
17 de novembro 2020

O Grove terá que adoptar una serie de medidas preventivas ante o aumento significativo de influenza aviaria altamente patóxena en aves silvestres e de curral detectado en Europa. Esta actuación busca evitar a extensión desta enfermidade

Correlimos comúns no Complexo Intermareal Umia-Grove Sociedade Galega de Historia Natural

O Grove terá que adoptar una serie de medidas preventivas ante o aumento significativo de influenza aviaria altamente patóxena en aves silvestres e de curral detectado en Europa. Esta actuación busca evitar a extensión desta enfermidade.

Este é un virus, recordan os expertos, que só causa enfermidade nas aves e, polo tanto, non é perigoso para a saúde das persoas.

O pasado 11 de novembro o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación elevou o nivel de risco a alto nas zonas de especial risco (ZER) e de especial vixilancia (ZEV) como é o complexo intermareal Umia-O Grove, sobre todo no ámbito da Lanzada.

Entre outras medidas, isto implica a prohibición da presenza de aves de curral en centros de concentración de animais como certames gandeiros ou mostras ou a prohibición da cría de aves de curral ao aire libre.

Tamén se prohibe a cría de parrulos e gansos xunto con outras especies de aves de curral ou darlles auga ás aves de curral que procedan de depósitos onde puidesen ter accedido aves silvestres

A Consellería de Medio Rural, pola súa banda, pon á disposición do Grove os servizos veterinarios oficiais a través da oficinas agrarias comarcais para contar con máis información sobre esta situación de risco.

Dende o goberno municipal instan á veciñanza a atender as recomendacións e prohibicións e ser consciente do risco que esta patoloxía podería supor para a riqueza avícola da zona.