Rueda afirma desde Pontevedra que a "corrupción" do Goberno "vai a influír nas eleccións municipais"

Pontevedra
16 de xuño 2025
Actualizado: 20:03

O presidente do PP de Galicia e da Xunta participou este luns en Pontevedra na xornada de votacións para elixir o presidente do Partido Popular a nivel nacional

Alfonso Rueda participa nas votacións para escoller o presidente do PP nacional
Alfonso Rueda participa nas votacións para escoller o presidente do PP nacional / Mónica Patxot

Até Pontevedra desprazouse este luns o presidente do PP de Galicia e da Xunta, Alfonso Rueda.

Fíxoo para participar no proceso de votación para elixir o presidente do Partido Popular a nivel nacional.

O máximo responsable popular a nivel galego asegurou que "non tiña ningunha dúbida" do voto por Alberto Núñez Feijóo para o congreso nacional que os populares celebrarán en xullo.

"É o cambio que necesita España", afirma Rueda facendo referencia á crise que atravesa o Goberno presidido polo socialista Pedro Sánchez e que defende está "cada vez máis acorralado e sen saída".

No que respecta a ese momento nacional, coa caída primeiro de José Luís Ábalos e agora do número 3 do PSOE Santos Cedrán, "é a corrupción do partido estendida ao goberno", acusou Alfonso Rueda.

Alfonso Rueda participa nas votacións para escoller o presidente do PP nacional
Alfonso Rueda participa nas votacións para escoller o presidente do PP nacionalMónica Patxot

"Así é imposible gobernar e podo asegurar, como responsable dunha comunidade autónoma, que esto o notamos no día a día. Estar así moitos meses máis é insostible e a Galicia non lle conviría en absoluto", sinalou o presidente do PPdeG ante os medios de comunicación presentes na sede provincial dos populares en Pontevedra.

Rueda foi incluso máis aló ao asegurar que "isto claro que vai a influír nas eleccións municipais", xa que "estamos vendo como saen alcaldes tamén aquí, dirixentes socialistas que están dicindo o que pensan".

Ademais Alfonso Rueda lanzou unha mensaxe ao Bloque Nacionalista Galego preguntando cal será a súa posición. "Vai ir á rolda de consultar con Sánchez para recabar apoios? Só o feito de asistir é un referendo. Se o siguen apoiando será cómplice", sinalou o presidente autonómico.

Alfonso Rueda participa nas votacións para escoller o presidente do PP nacional
Alfonso Rueda participa nas votacións para escoller o presidente do PP nacionalMónica Patxot