Alumnado do CEIP de Nantes planta o primeiro parque micolóxico de Sanxenxo

Sanxenxo
25 de marzo 2026

O estudiantado do centro plantou 49 árbores micorrizados que favorecerán o crecemento de boletus e níscaros. A parcela, de 4.000 metros cadrados, está situada no parque empresarial de Nantes

Plantación de 49 especies arbóreas micorrizadas en Nantes Concello de Sanxenxo

Alumnado da FP Básico de Hostalaría e Restauración e do CEIP de Nantes realizou este martes a plantación de 49 especies arbóreas micorrizadas nunha parcela municipal de 4.000 metros cadrados no parque empresarial de Nantes, en Sanxenxo.

Carballos, castiñeiros, sabugueiros, alisos e fresnos foron as árbores elixidas para xerar o substrato idóneo para a reprodución de cogomelos e converter a zona no primeiro parque micolóxico do municipio, que favorecerá o crecemento de boletus e níscaros.

Na plantación participaron o estudantado do centro, xunto á concelleira de Educación, Nati Parada; o edil de Medio Ambiente, Yago Torres, docentes do IES de Vilalonga e persoal municipal.

"É un proxecto diferente e trasversal que permite a participación de toda a comunidade educativa e mesmo veciñal", destacou Parada.

A creación deste bosque é froito dun proxecto innovador premiado pola Xunta que inclúe un horto micolóxico no Hotel Sixto (onde realizan prácticas) e produtos gastronómicos como viños, vinagre balsámico e sales de cogomelos.

A produción de cogomelos será real a partir do quinto ano, "xa que é preciso que se adapten ao terreo", sinalou o profesor Rubén Otero.

O bosque estará aberto ao público e será para uso didáctico e social.

O proxecto presentarase os días 22, 23 e 24 de abril na Cidade da Cultura.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora