Alumnos do instituto Sánchez Cantón obteñen o segundo premio na Galicia Maker Faire

Pontevedra
27 de novembro 2017

Ademais, a organización quixo premiar ao alumnado do Sánchez Cantón coa distinción Maker of Merit 2017, xa que, como explicaron aos mozos, consideraron que ambos os proxectos eran merecedores da devandita distinción

Alumnos do instituto Sánchez Cantón obteñen o segundo premio na Galicia Maker Faire 2017 IES Sánchez Cantón

Os proxectos presentados por dous grupos de alumnos do IES Sánchez Cantón obtiveron o segundo premio na Galicia Maker Faire 2017. Estes premios foron outorgados por votación do público asistente á feira durante todo este fin de semana.

Pero ademais, a organización quixo premiar ao alumnado do Sánchez Cantón coa distinción Maker of Merit 2017, xa que, como explicaron aos mozos, consideraron que ambos os proxectos eran merecedores da devandita distinción.

A Maker Faire é a maior feira de inventores do mundo, un escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para todos os públicos e disciplinas: gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, música, electrónica, artesanía, entre outras. 

Tamén se trata dun lugar para compartir coñecemento, descubrir proxectos fascinantes e facer contactos profesionais.

A empresa pontevedresa Síntesis Creative Studio obtivo o terceiro premio polo seu proxecto B.R.A.I.S.