A.M.A. Seguros obtivo un resultado destacado no último informe de satisfacción elaborado pola Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), que recolle a experiencia real dos seus socios.
O estudo sitúa a A.M.A. como a aseguradora mellor valorada en seguros de automóbil e entre as tres mellor puntuadas en seguros do fogar, consolidando a súa posición como unha das entidades máis apreciadas polos usuarios.
No ramo do automóbil, A.M.A. encabeza a clasificación grazas á alta valoración dos enquisados en aspectos clave como a indemnización ou reparación, a atención recibida e a claridade nos trámites.
A rapidez na xestión de sinistros e o nivel de satisfacción xeral son outros dos puntos que a OCU destaca nesta edición.
En canto ao seguro do fogar, A.M.A. figura entre as primeiras posicións do ranking, situándose como unha opción especialmente valorada por quen buscan un servizo eficaz, transparente e resolutivo.
A este respecto, os usuarios destacan de maneira particular o prazo de resolución, o importe da franquía e a satisfacción coa reparación ou indemnización.
OS ENQUISADOS DESTACAN ESPECIALMENTE A ATENCIÓN RECIBIDA E A CLARIDADE DOS TRÁMITES
O informe da OCU, titulado "Os usuarios valoran as súas aseguradoras" e publicado o pasado 30 de setembro de 2025 na súa páxina web, avalía criterios como a atención ao cliente, a xestión de sinistros, as coberturas e o grao de recomendación.
En todos eles, A.M.A. obtén unha sólida puntuación, froito do traballo continuado para ofrecer un servizo de calidade adaptado ás necesidades do asegurado.
"Recibir esta valoración por parte dos propios asegurados é especialmente significativo para nós. Reflicte o esforzo diario de todo o equipo e traballadores de A.M.A. e a nosa vocación de servizo cara a quen confía nesta casa. Seguiremos traballando para ofrecer unha protección excelente e unha atención aínda máis próxima a todos os profesionais sanitarios e os seus familiares", sinalou Luís Campos Villarino, presidente de A.M.A. Grupo.
Este recoñecemento reforza o papel de A.M.A. como mutua de referencia para os profesionais sanitarios e as súas familias, destacando a combinación de solvencia, compromiso e calidade asistencial que caracteriza o grupo.