Amencer-Aspace continúa o seu proxecto pioneiro "Inclusión á Inversa"

Pontevedra
13 de marzo 2017

Grazas os bos resultados do ano pasado, o centro de educación especial Amencer-Aspace continúa co seu proyecto pioneiro "Inclusión á Inversa".

Conto vivenciado Amencer-Aspace
Conto vivenciado Amencer-Aspace / Amencer-Aspace

Amencer-Aspace desenvolve unha serie de actividades dirixidas a alumnos de Terceiro de Primaria do CEIP Barcelos e os alumnos do CEE Amencer-Aspace, grazas os froitos colleitados polo proxecto anterior. Esto permite os alumnos do colexio de primaria coñecer de primeria man a tipoloxía e beneficios das actividades que se desenvolven conxuntamente entre os maís pequenos de ambos centros.

Para lograr a inclusión entre os diferentes alumnos realizanse unha serie de obradoiros que permiten conxugar o traballo, ocio e aprendizaxe. Polo tanto, se desenvolven un total de catro talleres. Por exemplo, pintar usando secadores e pelotas ou gravar vídeos con cámaras adaptadas para os maís artísticos. Tamén se levan a cabo outras tarefas diferentes, como pode ser, o conto vivenciado e o taller de cociña con axudas técnicas para os máis golosos.

A vivencia das actividades que fomenta Amencer-Aspace dan a oportunidade os alumnos que acuden a elas de poder beneficiarse da educación de ambos centros, ademáis de participar e axudar na inclusión dos mozos que máis o necesitan.

Amencer-Aspace naceu en 1991 en Pontevedra como asociación de familias de persoas con parálise cerebral, pola falta de equipamento para atenter a necesidades dos máis cativos. O obxectivo principal da organización é fomentar unha educación igualitaria cuns valores, provocando a inclusión educativa para conseguir unha sociedade consciente das necesidades de todos os cidadáns.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora