Representantes da directiva de Amizade reuníronse este mércores co alcalde de Poio, Luciano Sobral, para abordar unha serie de cuestións como a situación de accesibilidade dos edificios municipais, a accesibilidade ao entorno urbano, os aparcamentos, outorgamento das tarxetas de estacionamento, entre outros asuntos.
O alcalde comprometeuse a estudar as demandas presentadas e a manter un contacto máis fluído cos representantes de Amizade co obxectivo de mellorar a actuación municipal.
A xuntanza serviu xa para comprometerse a ter unha reunión con responsables da Policía Local na que a asociación Amizade proporá a necesidade de efectuar campañas de control de uso das tarxetas de estacionamento co obxectivo de detectar posibles situacións de fraude.
Con esta campaña pretenden achegar a súa visión sobre como deben ser as políticas que afectan á vida das persoas con discapacidade, de maneira que se faga efectivo o lema de "Nada sobre nós, sen nós", e coa intención tamén de "informar e formar a políticos e técnicos para que o resultado do seu traballo futuro sexa mellor que o actual".