Amplo dispositivo de medios aéreos e terrestres para sufocar un incendio en Lourizán e Marín

Pontevedra
07 de xullo 2025
Actualizado: 23:39

Medio Rural mobilizou cinco helicópteros e dous avións. O lume declarouse ás 20.37 horas e afecta ao Monte Pituco. Detectaron 3 focos. Ás 23.30 horas levaba queimadas dez hectáreas

Incendio en Lourizán visto dende Poio
Incendio en Lourizán visto dende Poio /

Un incendio forestal declarado a última hora da tarde deste luns mobilizou un amplo despregamento de medios na parroquia pontevedresa de Lourizán e no Monte Pituco, en Marín.

Segundo a información facilitada pola Consellería de Medio Rural, o lume declarouse sobre as 20.37 horas e ás 23.30 horas levaba queimadas dez hectáreas.

Segundo a información facilitada polo Concello de Marín, detectáronse tres focos e os dous primieros foron controlándose nas primeiras horas, pero o terceiro complicouse polo vento que sopraba a última hora da tarde no Monte Pituco. 

Medio Rural quixo aproveitar as últimas horas de luz para sufocar chámaass, de modo que apostou por un amplo despregamento de medios terrestres e aéreos.

Así, segundo Medio Rural, trasladáronse até esta zona de monte de Lourizán dous avións de extinción e cinco helicópteros. Desde o Concello de Marín indican que foron tres helicpóteros.

Incendio en Lourizán visto dende A Caeira
Incendio en Lourizán visto dende A CaeiraPontevedra Viva

O dispositivo reforzouse por terra con cinco axentes forestais, nove brigadas, tres motobombas e un técnico.

Tambén se mobilizou á Policía Local e a Policía Nacional.