Amplo seguimento en Pontevedra da folga de médicos para reclamar un estatuto propio

Pontevedra
03 de outubro 2025

Segundo os sindicatos convocantes, a folga alcanzou un seguimento do 75% no Complexo Hospitalario de Pontevedra e do 90% no distrito dO Salnés

Concentración ante el Hospital Provincial
Concentración ante el Hospital Provincial / Sindicato O'MEGA

Este venres, 3 de outubro, miles de médicos de todo o país sumáronse a unha folga nacional convocada pola Confederación Española de Sindicatos Médicos (CESM), en protesta polo borrador do novo Estatuto Marco que prepara o Ministerio de Sanidade.

Baixo a lema nacional "Por un Estatuto Propio", e co engadido galego "Pola Recuperación da Calidade Asistencial", os facultativos reclamaron melloras laborais e normativas específicas para o seu colectivo.

En Galicia, a convocatoria foi apoiada polos sindicatos O'MEGA e SIMEGA, que lograron un seguimiento especialmente significativo en varias áreas sanitarias.

Ás 11:00 horas realizáronse concentracións fronte a hospitais de toda España, incluída a comunidade galega, para esixir un marco normativo diferenciado que contemple a singularidade do traballo médico no sistema público de saúde.

Enrique Marra-López, secretario xeral do Sindicato Médico de Galicia (SIMEGA), ofreceu datos que contrastan cos difundidos pola administración autonómica. Segundo as súas cifras, a folga alcanzou un seguimento do 75% no Complexo Hospitalario de Pontevedra e do 90% no distrito do Salnés. Tamén destacaron os niveis de participación en Ourense (80%), Verín (85%), Monforte (80%), e Cee (80%).

"A atención hospitalaria está practicamente paralizada", asegurou Marra-López, quen afirmou que menos do 5% do persoal facultativo non secundou a folga por decisión voluntaria.

Concentración ante el Hospital Montecelo
Concentración ante o Hospital Montecelo Sindicato O'MEGA

Os sindicatos convocantes denuncian que o actual Estatuto Marco equipara aos facultativos con outras categorías sanitarias a pesar das súas condicións laborais específicas. "Estamos a pedir un estatuto propio para os médicos do Sistema Nacional de Saúde", reivindicou Marra-López.

En Galicia, reclámase ademais un "Convenio de Franxa" que contemple as peculiaridades do colectivo médico. Segundo SIMEGA, os médicos galegos teñen este ano só 11 festivos —fronte aos 14 do resto do persoal— e deben traballar algúns sábados sen compensación horaria. Tamén se denuncian incumprimentos na aplicación da xornada de 35 horas, agravios na carreira profesional e conxelación do complemento de produtividade.

A Consellería de Sanidade, pola súa banda, cifrou o seguimento da folga nun 23,5% no conxunto dos centros sanitarios galegos. Segundo a administración, nos sete grandes hospitais do Sergas a participación na quenda de mañá foi do 29,5%, e do 19,8% nos hospitais comarcais. En total, a actividade hospitalaria tería rexistrado unha adhesión do 28,6%.

En atención primaria, os datos oficiais reflicten un seguimento do 10,67%.

Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, a Xerencia contabilizou 192 médicos en folga nos hospitais Montecelo e Provincial, o que representa o 34,2% do persoal. En primaria foron 16 facultativos (7,5%) e no distrito do Salnés, 20 médicos (28,9%).

Desde a Consellería de Sanidade sublíñase que "a sanidade pública galega está a responder adecuadamente a todas as urxencias que se presentaron até agora nos centros sanitarios galegos". Engaden que a Xunta "seguirá traballando para ofrecer unha atención óptima a todos os cidadáns e para conseguir as mellores condicións laborais para o conxunto de profesionais, ben sexa na atención primaria ou hospitalaria".