Este venres, o salón de actos do hospital Montecelo acolleu un evento moi especial: a benvida oficial a 22 estudantes que iniciarán a súa formación como técnicos superiores na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Durante os próximos meses -desde setembro até decembro- estes mozos vivirán unha experiencia crave para o seu futuro profesional.
O obxectivo é adquirir as competencias necesarias para completar a súa formación e dar o salto definitivo cara ao mundo laboral no ámbito sanitario.
A xornada estivo presidida por Francisco Álvarez Martínez, subdirector de Enfermaría da área sanitaria, acompañado por Jorge Costas, supervisor de área e servizos centrais, así como por responsables de docencia e formación continuada.
Todos eles quixeron dar unha cálida benvida ao novo alumnado, presentándolles a contorna hospitalaria e compartindo as expectativas desta etapa tan importante no seu camiño formativo dentro do sistema sanitario público galego.
Contará con alumnado das seguintes especialidades e centros educativos.
No que respecta á especialidade de Laboratorio, formaranse un total de 14 alumnos do centro educativo pontevedrés Frei Martín Sarmiento. No campo da Dietética, outros dous alumnos deste mesmo centro docente.
Dous alumnos do centro educativo Manuel Antonio de Vigo formaranse na especialidade de Anatomía Patolóxica.
En Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear, recibirán formación tres alumnos do centro educativo ILERNA.
Na especialidade de Audiología Protésica, formarase un alumno do centro educativo Manuel Antonio de Vigo.
Con entusiasmo, compromiso e moitas ganas de aprender, estes 22 estudantes comezan agora unha etapa que, sen dúbida, marcará un antes e un despois na súa traxectoria profesional.