Analizan propostas para construír nova vivenda protexida en Sanxenxo

Sanxenxo
08 de abril 2025

A conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, mantivo este luns unha reunión co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín

Reunión de Telmo Martín coa conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue
Reunión de Telmo Martín coa conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue / Xunta de Galicia

Encontro na Xunta de Galicia para explorar novas opcións coas que incrementar o parque público de vivendas en Sanxenxo.

A conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, mantivo este luns unha reunión co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, en San Caetano.

O obxectivo era tratar a situación de déficit de vivenda no municipio.

Por ese motivo, avanza o goberno autonómico, abordáronse propostas para a construción de nova vivenda protexida nos próximos anos.

A conselleira e o alcalde acordaron manter un novo encontro en próximas datas no que seguir avaliando opcións de solo no concello.

Na reunión participaron tamén o secretario xeral de Vivenda, Heriberto García Porto, e a tenente de alcalde de Sanxenxo, María Deza.