Unha andaina reivindica o 8M en Caldas apelando a Rosalía de Castro: "Libre son, libre nacín"

Umia
08 de marzo 2026

Numerosas veciñas e veciños de Caldas de Reis participaron este domingo 8 de marzo, Día Internacional da Muller, na Andaina pola Igualdade

Andaina pola Igualdade en Caldas de Reis Concello de Caldas de Reis

O Día Internacional da Muller conmemorouse este domingo 8 de marzo en Caldas de Reis con actividade física.

Numerosas veciñas e veciños participaron na Andaina pola Igualdade organizada polo Concello de Caldas.

Era o acto central da programación do 8M.

Tratábase dunha ruta de 10 quilómetros de percorrido e dificultade baixa que contou coa participación de representantes de diferentes asociacións e tamén da coorporación municipal.

Antes do seu inicio, a concelleira de Igualdade, Rocío Ferro, foi a encargada de ler o manifesto da xornada citando a Rosalía de Castro, co seu verso 'Libre son, libre nacín'.

Andaina pola Igualdade en Caldas de ReisConcello de Caldas de Reis

Unhas palabras que "conservan toda a súa forza. Queremos que esa liberdade, proclamada con valentía, sexa hourizonte e reponsabilidade compartida", defendeu Ferro.

A edil convidou ás e os caldenses "a permanecer xuntos nesta loita de defensa dos dereitos das mulleres e coa igualdade de portunidades para todas e todos".

Por último destacou a necesidade de reforzar medidas que impulsen a igualdade salarial e de oportiunidades, que fomenten a corresponsabilidade nos coidados e que favorezan a conciliación persoal, familiar e laboral.

Arquivado en