Decenas de persoas déronse cita en Santa María de Xeve para participar na andaina organizada por Son de Xeve para coñecer o territorio afectado pola autovía A-57 na parroquia.
Os asistentes sumáronse ao percorrido previo á exposición de camelias e á comida de convivencia no centro cultural da parroquia, que celebrou este domingo a súa novena edición.
Desde a plataforma de afectados pola A-57 agradeceron a esta asociación a invitación a esta xornada de divulgación do patrimonio natural e a implicación da asociación para dar a coñecer as afeccións que causaría esta vía.
Dous edís do PSOE, Marcos Rei e Carmen Hermo, acompañaron aos veciños no percorrido.
Ao acto, segundo a plataforma, estaban convidados tamén PP e BNG, pero non acudiron.
Este colectivo quixo así manter a súa presenza e implicación coa defensa das parroquias de Santa María de Xeve, San Andrés de Xeve, Verducido e Bora.
Todas elas quedarían "moi castigadas", insisten os afectados, si levan a cabo o segundo e terceiro tramo da autovía A-57.