No Nadal de 2021 cinco árbores brillaban en Ponte Caldelas ao igual que todas as rotondas do municipio, reforzándose os elementos que decoraron a vila con máis cantidade e variedade que en 2020. Pero as festas deste 2022 rebaixarán eses gastos en enerxía lumínica.
O alcalde Andrés Díaz anunciou nas redes socias que para as celebracións deste ano, Ponte Caldelas será un concello "exemplar".
Anuncia que se reducirá o número de elementos lumínicos e, por tanto, o número de lámpadas de adorno. Tamén afirma que reducirán as horas de acendido destes reclamos.
Ademais, indica que se reducirán os días de acendido para indicar que as luces festivas se inaugurarán o venres 2 de decembro e o domingo 8 de xaneiro van apagarse estes motivos lumínicos. En 2021, as luces de Nadal na vila eran inauguradas o venres 3 de decembro.
Andrés Díaz asegura que o goberno de Ponte Caldelas é responsable e pide tamén responsabilidade e seriedade nas cuestións relacionadas co aforro enerxético porque vaticina dificultades coa xestión da enerxía ao longo dos vindeiros meses.