Animan os pontevedreses a dar "un golpe potente na mesa" contra a "retrógrada" lei do aborto

Pontevedra
24 de xaneiro 2014

'Polo dereito das mulleres a decidir: aborto libre e gratuito'. ÿ o que se pode ler na pancarta que, desde este venres, está colgada no balcón da vella Casa Consistorial da Praza de España. ÿ un dos primeiros actos organizados polo Concello de Pontevedra para implicar aos pontevedreses na campaña contra a polémica reforma da lei do aborto, impulsada polo ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón

Pancarta en favor do aborto libre despregada no Concello de Pontevedra
Pancarta en favor do aborto libre despregada no Concello de Pontevedra / Mónica Patxot

'Polo dereito das mulleres a decidir: aborto libre e gratuito'. ÿ o que se pode ler na pancarta que, desde este venres, está colgada no balcón da vella Casa Consistorial da Praza de España. ÿ un dos primeiros actos organizados polo Concello de Pontevedra para implicar aos pontevedreses na campaña contra a polémica reforma da lei do aborto, impulsada polo ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón.

"Cremos que temos que dar un golpe potente na mesa e deter este retroceso como sexa", sinalou a concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces. Asegura que a reforma lexislativa equipara a España con países extremistas como Irán. "Esa é a inspiración de Gallardón para esta norma legal", dixo. "Pasamos de ter unha lei sanitaria a unha lei do Código Penal. Ese é o gran salto do PP na interrupción voluntaria do embarazo".

Fouces lamentou que se modifique a lei do aborto cando "non había ningún debate social, máis alá da dereita máis extrema da igrexa católica", apostando por unha normativa que, entende, determina que "o ámbito das mulleres é menor e hai que telo controlado pola igrexa, os xuíces e o staff médico máis reaccionario". E todo dunha forma "case unilateral e arbitraria".

En todo caso, desde o goberno municipal aseguran que a cidadanía "ten o poder suficiente para darlle a volta a isto" e instan a non fiarse das voces discordantes dentro do PP con esta lei. Trátase, segundo Fouces, dunha "estratexia planeada", ao haber grupos dentro do partido "que predican para a parte máis retrógada" e outras figuras como Núñez Feijóo, "polis buenos que predican cara a parroquia que non entende tan ben esta reforma".

Pero Fouces concluíu asegurando que "non nos enganan" porque esta lei é "absolutamente coherente con todo o que o PP está facendo estes anos" en materia de recortes laborais, sanitarios ou sociais "e agora co recorte dos dereitos das mulleres a decidir".