Aparatoso incendio nun garaxe de Marín

Marín
24 de maio 2024
Actualizado: 13:30

Non hai danos persoais, pero si resultou afectado algún vehículo e xerouse unha gran fumareda

Incendio nun garaxe en Marín
Incendio nun garaxe en Marín / Policía Local de Marín

Ás 4:30 horas da madrugada deste venres declarouse un incendio nun garaxe do centro urbano de Marín.

Concretamente, o suceso tivo lugar nun edificio da Travesía Favarizas, entre Jaime Janer e Ezequiel Massoni. Non foi necesario desaloxar o inmoble.

A alerta deuna un particular que espertou co ruído das explosións dos pneumáticos do coche incendiado.

Os Bombeiros do Morrazo interveñen desde esa hora na extinción deste lume, que non causaron danos persoais.

A Policía Local de Marín informou que resultou calcinado o coche no que se iniciou o incendio, un Citroen Xsara, e afectou a outros dous vehículos, un danado gravemente e outro de xeito superficial.

O supermecado Froiz viuse levemente afectado, tendo que retirar algúns alimentos perecedoiros pola cinza producida polo incendio.

Á unha e media da tarde a circulación na rúa xa quedou aberta de forma habitual.