Aparece morta na praia de Paxariñas unha cría de cetáceo

Sanxenxo
21 de outubro 2021

Os científicos do CEMMA realizarán unha autopsia ao corpo e estudarán as cicatrices para averiguar que animal feriu ao cetáceo

Cría de balea morta achada na praia de Paxariñas, en Sanxenxo Emerxencias de Sanxenxo

O servizo de Emerxencias de Sanxenxo deu conta este xoves dun triste achado na praia de Paxariñas. A marea arrastrou ata a beira a unha cría de cetáceo que, segundo as primeiras hipóteses, sospeitábase que pudiera falecer por mor das feridas provocadas polo ataque doutro animal

O corpo, que presentaba polo menos dúas marcas de mordiscos na parte próxima á cabeza e outra na cola, foi retirado a unha parte máis alta do arenal para evitar que fora arrastrado pola marea, á espera da chegada dos profesionais do CEMMA, a Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños.

Os científicos prácticarán unha autopsia ao corpo do animal e estudarán as cicatrices para determinar que especie puido atacar a este pequeno cetáceo.

Segundo avanzan desde o CEMMA, o animal é una cría de "toniña" e os mordiscos que presentaba son de quenllas. Non terían nada que ver coa causa da morte.