A asociación ecoloxista Vaipolorío distribuíu unhas fotografías nas que mostran unha vertedura de pneumáticos no Espazo Natural de Interese Local (ENIL) dos Gafos.
Esta práctica contaminante descubriuse na vía de servizo que discorre paralela ao río Gafos.
Concretamente foron vertidos dez pneumáticos e un sofá baixo a ponte da estrada que comunica as parroquias de Tomeza e Salcedo á beira da Ponte da Condesa.
Por rexistro, Vaipolorío puxo este feito en coñecemento do Concello de Pontevedra e do departamento territorial da Consellería de Medio Ambiente.