Apareceu o tesouro de Escarapote na praza da Pedreira?

Pontevedra
21 de abril 2017

Que facían 150 nenos na praza da Pedreira este xoves? Durante unha hora, encheron cada recuncho coas súas risas, xogos e ganas de atopar o tesouro de Escarapote. Non podían ser outros que os participantes nos seis obradoiros de expresión dramática, plástica e musical que cada ano coordina Migallas Teatro.

Actividade 'Á procura do tesouro' con Migallas 2017 Mónica Patxot

Que facían 150 nenos na praza da Pedreira este xoves? Durante unha hora, encheron cada recuncho coas súas risas, xogos e ganas de atopar o tesouro de Escarapote. Non podían ser outros que os participantes nos seis obradoiros de expresión dramática, plástica e musical que cada ano coordina Migallas Teatro. 

A concellería de Cultura e Migallas celebraron por decimo oitavo ano consecutivo os seus talleres no Pazo da Cultura con 170 participantes e 150 deles sumáronse ao seu xa tradicional actividade 'Á procura do tesouro' na praza da Pedreira como punto e final ás sesións. 

Da man de artistas como Maruja Mallo, Goya, Turner e Rothko, durante os últimos meses achegáronse ao mundo da arte e a creación e este xoves, como colofón, enfrontáronse a unha serie de probas para poder localizar o tesouro de Escarapote. 

Escarapote puxo a estes piratas todo tipo de obstáculos en forma de xogos populares e tradicionais. Queda por saber se finalmente descubriron onde gardara o seu tesouro.