A Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia) e a Asociación de Hosteleros de Pontevedra, Poio y Marín (Hoempo) acaban de tecer unha alianza coa que buscan sumar esforzos para apoiar ao sector da hostalería, un dos máis castigados pola crise da covid-19.
A secretaria Hoempo, Elena Vitoria, e o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, asinaron este xoves un convenio de colaboración do que Sonia Acuña, secretaria técnica de APE, destaca que pretenden acadar que os hostaleiros teñan o respaldo e o crédito que necesitan para seguir medrando na súa labor.
Elena Vitoria advertiu xa de que a crise sanitaria xurdida polo coronavirus non vai mellorar nos próximos meses, polo que se espera que a hostalería viva "unha situación moi delicada" a nivel emocional e económico.
Esta representante de Hoempo prevé o peche de moitos establecementos e un alto endebedamento e apoian iniciativas coma este convenio para facer todo o que teñan nas súas mans para paliar os efectos negativos da crise e buscar alternativas e apoios nas institucións públicas.