Aprobado por unanimidade o Servizo de Axuda no Fogar en Bueu

Bueu
23 de decembro 2020

O Concello de Bueu investirá arredor de 576.124 euros por ano e o contrato terá vixencia de dous anos prorrogables, que computará a partir da publicación do anuncio na Plataforma de Licitación do Estado

Pleno telemático de Bueu en que se aprobou o Servizo de Atención no Fogar (SAF)
Pleno telemático de Bueu en que se aprobou o Servizo de Atención no Fogar (SAF)

A corporación de Bueu aprobaba este martes por unanimidade o expediente de contratación do Servizo de Axuda non  Fogar (SAF) nun pleno extraordinario realizado de forma telemática.

A concellería de  Benestar  Sorcial propuxo un investimento dun total de 576.12 euros por ano e o contrato de vixencia será de dous anos coa posibilidade de prórroga por outros dous. co prazo de presentación de ofertas por parte de empresas que poidan estar  intersadas computables a partir do anuncio na Plataforma de Licitación do Estado e no Diario Oficial da Unión Europea.

Este servizo achega a atención no fogar e a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia como servizo social comunitario básico dun conxunto de atencións, naquelas situacións nas que se produza unha situación limitada na autonomía persoal e nos casos de desintegración familiar, facilitando a permanencia na súa contorna de convivencia e evitando a súa posible institucionalización.

Durante este 2020, as técnicas do departamento sinalan que se concederon 42 axudas de emerxencia social mundial, con investimento dun total de 13.277 euros, aos que se engaden compras  directaas realizadas polo  Concello durante o período de confinamento a dez familias en situación de vulnerabilidade económica.

Foron atendidas 2.732 persoas usuarias polo departamento e executáronse 3.283 accións ao longo do ano. Este programa tenta satisfacer, en primeiro lugar, as necesidades básicas de alimentación, vivenda, vestimenta ou medicación e tamén tratar cuestións psicosociais ademais de integrar socialmente a estas persoas con necesidades. O Con destacou no pleno o labor social que desenvolven estas técnicas.