Aproban novas obras no rural por valor de 660.000 euros

Pontevedra
28 de outubro 2015

Trátase de proxectos de mellora da accesibilidade e mobilidade que levarán a cabo "antes de final de ano", segundo confirmou o portavoz municipal, Raimundo Gónzalez

Obras no lugar de Cabaleiro, Campañó Concello de Pontevedra

O goberno local de Pontevedra, a través dunha xunta de goberno extraordinaria, aprobou a execución de cinco proxectos de mellora no rural.

Trátase en todos os casos de obras de accesibilidade e mobilidade en varias parroquias pontevedresas.

Todas elas contarán "coas mesmas características que outras actuacións, con pasos de peóns elevados" e un orzamento total de 660.000 euros, segundo explicou o portavoz municipal Raimundo González.

As zonas concretas de actuación serán: Filgueira (San Andrés de Xeve), Lusquiños (Tomeza), O Sobral (San Andrés de Xeve), O Cruceiro (Salcedo) e A Piolla (Lérez).

A previsión do Concello é que as obras se poidan executar "antes de final de ano".