A XXXVIII edición da Festa da Ostra é xa unha realidade.
Centos de persoas acudiron este venres á primeira xornada de degustación da popular celebración na zona do peirao.
Un éxito de participación que anticipa unha fin de semana de actividade plena en Soutomaior.
A festa deu comezo co concerto de música tradicional 'Chispas do Lérez'. Un quecemento antes de iniciar a degustación nunha carpa máis ampla esta edición e con vistas á ría de Vigo.
Alí podíase degustar a ostra en todo o seu esplendor, ao natural e tamén cun pequeno adianto da gastro-experiencia 'OsTres'. Neste sentido 'Ghamela de ultramar' ofrecía a posibilidade de probar unha ostra adobada en teriyaki sobre crema de aguacate e caviar de arenque, 'Culler alvedosa' ofrecía unha ostra crocante con delicias de mar, gamba e preve tártaro, mentres que 'Petisco do Puntal' presentaba unha ostra en escabeche tradicional. Pratos todos eles cociñados por Calidus Catering.
A xornada de apertura da Festa da Ostra contaba co colofón musical das orquestras Olympus e Finisterre a partir das 22.00 horas.
Para este sábado 4 de abril, ademais de continuar coa apertura das casetas ás 12.00 horas, a Festa da Ostra contará cos pasarrúas de Imperiais e coas actuacións das osquestas Los Satélites e La Misión.
Por último o domingo 5 de abril a xornada comezará cos pasarrúas das bandas Artística e Cultural de Arcade. Ás 13:00 horas terá lugar o pregón, a cargo de María Codesido García, e a música continuará con Fernando Sánchez Jazz Quartet ao mediodía e o grupo Louoband ás 18:00 horas.

XXXVIII Festa da Ostra de Arcade

XXXVIII Festa da Ostra de Arcade

XXXVIII Festa da Ostra de Arcade

XXXVIII Festa da Ostra de Arcade

XXXVIII Festa da Ostra de Arcade

XXXVIII Festa da Ostra de Arcade

XXXVIII Festa da Ostra de Arcade

XXXVIII Festa da Ostra de Arcade

XXXVIII Festa da Ostra de Arcade

XXXVIII Festa da Ostra de Arcade

XXXVIII Festa da Ostra de Arcade

XXXVIII Festa da Ostra de Arcade

XXXVIII Festa da Ostra de Arcade

XXXVIII Festa da Ostra de Arcade

XXXVIII Festa da Ostra de Arcade

XXXVIII Festa da Ostra de Arcade
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.