Arde un aeroxerador no parque eólico de Monte Cando, en Cerdedo-Cotobade

Cerdedo Cotobade
06 de setembro 2018

Un incendio declarado nun aeroxerador do parque eólico de Monte Cando, en Cerdedo-Cotobade, activou aos servizos de emerxencia. O lume, segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, provocou danos no xerador e está a afectar a unha zona montañosa no lugar de Santa Mariña

Área queimada polo incendio dun aeroxerador en Monte Cando Bomberos Provincia de Pontevedra

Un incendio declarado nun aeroxerador do parque eólico de Monte Cando, en Cerdedo-Cotobade, activou aos servizos de emerxencia.

O lume, segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, provocou danos no xerador e está a afectar a unha zona montañosa no lugar de Santa Mariña.

Foron varios os particulares os que, ás 17.30 horas, avisaron do incendio. 

Nada máis recibir a alerta, desde o 112 Galicia mobilizou aos Bombeiros de Ribadumia, á Garda Civil, ao GES da Estrada, a Protección Civil e ao servizo provincial de incendios forestais.