Arranxados os da Teoira e O Carballal, chega a quenda do camiño da Cova

Marín
28 de novembro 2016

O plan de asfaltado de camiños segue as actuacións marcadas no proxecto que foi adxudicado, os últimos en executarse foron os viarios da Teoira na parroquia de Ardán, e no Carballal na de San Xulián

Un grupo de traballadores asfaltando un camiño Concello de Marín

O plan de asfaltado de camiños segue as actuacións marcadas no proxecto que foi adxudicado, os últimos en executarse foron os viarios da Teoira na parroquia de Ardán, e no Carballal na de San Xulián.

Estes días sen choivas posibilitan a execución dos asfaltados, segundo a programación dos traballos feita pola empresa adxudicataria, que xa acometeu os camiños en Malvido, Ameal, Costa Landeira, Viñas Blancas e, nestes días, Carballal e Teoira, estando nestes momentos iniciando os seus traballos no camiño da Cova, en Loira.

Estas actuacións foran demandadas polos veciños e contan co informe dos técnicos municipais que acreditan a súa deterioración.