Arranxo de camiños en Ardán e Seixo

Marín
10 de marzo 2015

Nas últimas horas concluíron dúas actuacións de arranxo de camiños no municipio de Marín

Actuación no Xuncal, parroquia de Ardán. Concello de Marín

Nas últimas horas concluíron dúas actuacións de arranxo de camiños no municipio de Marín.

Unha delas en Seixo, no camiño coñecido como do Barrio que comunica a Avenida do Doutor Otero Ulloa coa zona da Brea, un camiño demandado polos veciños que facilita e mellora os accesos entre estas dúas zonas da parroquia.

A outra actuación xa finalizada localízase na zona de Xuncal en Ardán cuxo asfaltado e limpeza esta xa finalizado.

Este programa está a chegar á súa fin. Aquelas outras melloras que queden pendentes formarán parte dun próximo plan de bacheo e asfaltado.