Conserveiras, depuradoras ou cocedoiros. Son empresas vinculadas co sector do mar, moitas delas situadas do mesmo xeito que Ence en terreos de dominio público marítimo terrestre. Por iso é polo que a patronal considere que a situación legal da pasteira, que se resolverá nos tribunais, estea a xerar "incertidumbre" entre os empresarios.
Así o recoñeceu Juan Manuel Vieites, secretario xeral da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes (ANFACO), que participou este xoves no foro PontEmplea, organizado polo Partido Popular de Pontevedra.
O responsable de ANFACO explicou que o sector está a analizar cal pode ser o "impacto" que a anulación da concesión de Ence pode ter na industria conserveira, moitas delas "pegadas al mar", que poden verse afectadas por esta "problemática".
"Las incertidumbres son malas consejeras para el mundo empresarial", sinalou Vieites, que engadiu que este tipo de situacións "perjudican" ao sector industrial e provocan que a economía "no se mueva" e que non se cre emprego. Ante iso, dixo, débense tomar medidas para dar ás empresas una "cierta estabilidad".
ANFACO lembra que o sector conserveiro ten "muchísimas empresas" dentro do límite de Costas e as súas concesións foron outorgadas "en un momento determinado", polo que "si no se les va a renovar de cara al futuro" haberá que pensar que investimentos queren facer para "seguir gozando" dun sector "realmente competitivo y eficaz".
Juan Manuel Vieites subliñou que o sector conserveiro galego exporta a máis de 115 países e é, a segunda maior zona produtora do mundo. Por iso, entende que a preocupación é "máxima" e estanse analizando "casos concretos" en toda a costa galega, especialmente nas Rías Baixas, cuxa actividade "se puede perjudicar gravemente".
O secretario de ANFACO entende que a continuidade desta actividade está "justificada" en terreos de costa, pero advirte que "las cosas las carga el diablo", polo que fixo un chamamento para estudar "perfectamente" como lles pode afectar a "actitud" que o Goberno tomou con Ence e "ver si hay paralelismos" con outras actividades.