As Corvaceiras lucirán limpas a partir do xoves

Pontevedra
20 de agosto 2019

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión na estrada e a beirarrúa polo que solicitan a colaboración dos veciños e condutores para garantir un bo resultado

Avenida das Corvaceiras Almudena Dapena

Despois do remate das festas da Peregrina, a Concellería de Limpeza Viaria vai continuar coas limpezas xerais nos distintos barrios do Concello.

Nesta ocasión, é a quenda da avenida das Corvaceiras, no lateral dereito en dirección a Marín.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada do xoves con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión. 

A zona de estacionamento estará valada desde a tarde do mércores coa prohibición de aparcamento nas horas anteriores aos traballos de saneamento. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal polo que desde o Concello piden colaboración por parte dos veciños e os condutores para garantir un bo resultado.