As empresas de Sanxenxo, comprometidas coa calidade turística

Sanxenxo
29 de xuño 2018

A directora de Turismo, Nava Castro, participaba este venres na entrega dos certificados promovidos pola Secretaría de Estado de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias

Entrega dos distintivos SICTED en Sanxenxo Xunta de Galicia

Sanxenxo acollía este venres o acto de entrega dos distintivos do compromiso de calidade turística SICTED. Estes distintivos sitúan á vila como destino de calidade con máis de 120 empresas turísticas que obteñen este certificado, que promove a Secretaría de Estado de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mostraba a súa satisfacción por estes resultados e relacionouno cos datos de ocupación do mes de maio, un período no que Sanxenxo logrou un 16% máis de turistas aloxados nos seus establecementos hostaleiros cunha estadía media que superou ao resto de destinos galegos.

Nava Castro tamén destacou que Sanxenxo sexa o municipio galego cun maior número de praias con bandeira azul. En total, 13 areais lograron este distintivo e sinalou que o obxectivo desde a Xunta de Galicia atópase en fortalecer a calidade e a sustentabilidade do turismo ao longo deste verano.

SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos, que traballa con empresas de ata 32 subsectores diferentes. Búscase incrementar a satisfacción dos visitantes e axudar ás empresas para mellorar a atención e os servizos.

CONTEDORES VERDES E AMARELOS NAS PRAIAS

Ademais, Sanxenxo estreará este verán contedores verdes e amarelos nas praias. Segundo sinalan desde a concellería de Medio Ambiente, as papeleiras sempre quedaban escasas para recoller os residuos dos bañistas. Este modelo permitirá separar estes restos entre residuos orgánicos e plásticos. Praias como Montalvo e Major contarán con dous contedores por cada unha das entradas ao areal.

Tamén se instalarán cinco lavapés nas praias de Agra, Panadeira, Caneliñas, Canelas e Bascuas. Ademais, o paseo de Baltar, que transcorre paralelo á PO-308, xa conta con tres fontes de aceiro inxoidable.

Por último, na Lanzada instalouse unha luminaria nun dos pasos de peóns para garantir a seguridade dos paseantes que circulen por esa zona da PO-308. Nesta obra colaborou a comunidade de montes de Noalla.