As Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior despídense cunha exhibición

Soutomaior
30 de maio 2026

Preto de 400 persoas participaron durante o curso nas actividades ofertadas nas escolas deportivas de Soutomaior

Exhibición de fin de curso das Escolas Deportivas de Soutomaior Concello de Soutomaior

O curso chegou ao seu fin nas Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior.

Para celebralo este sábado organizouse unha exhibición para os máis de 250 nenos e nenas que participaron nos últimos meses nalgunha das modalidades ofertadas.

Baloncesto, pádel, tenis, gimansia acrobática, ximnasia rítmica, xogos motores, iniciación ao deporte, multideporte, voleibol ou patinaxe estaban entre os deportes e actividades.

A iso sumáronse as máis de 150 persoas que puideron participar nas actividades para adultos.

Exhibición de fin de curso das Escolas Deportivas de SoutomaiorConcello de Soutomaior

A cerimonia de clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior finalizou coa entrega aos participantes dunha medalla en recoñecemento ao esforzo dos últimos meses.

"Hoxe celebramos meses de esforzo, compañeirismo, aprendizaxe e ilusión. Durante este curso, centos de veciñas e veciños participaron nas diferentes actividades deportivas organizadas polo Concello, convertendo o deporte nun punto de encontro e convivencia para todo o municipio", explicou tras o acto o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo.

Exhibición de fin de curso das Escolas Deportivas de SoutomaiorConcello de Soutomaior

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora