As faraonas do encaixe cítanse para unha palillada inspirada en Exipto

Pontevedra
10 de abril 2014

O antigo Exipto servirá de inspiración para o Encontro de Palilleiras Cidade de Pontevedra, que o próximo domingo 27 de abril reunirá a miles de participantes no Recinto Feiral

Encontro de Palilleiras Cidade de Pontevedra Juan Mejuto

O antigo Exipto servirá de inspiración para o Encontro de Palilleiras Cidade de Pontevedra, que o próximo domingo 27 de abril reunirá a miles de participantes no Recinto Feiral.

A asociación 'A Fieitiña' de Monte Porreiro, pretende bater o seu propio récord na novena edición deste evento. O pasado ano foron máis de 1.200 participantes e por agora xa teñen máis de 600 inscricións, segundo explicaron a presidenta e a secretaria desta asociación, Esperanza Marín e Teresa Pérez.

EXHIBICIÿN NA 'FESTA DA RAIA'

Para ir quentando motores a XX edición da Festa da Raia, que se celebrará en Portonovo os días 18, 19 e 20 tamén terá o sábado un aperitivo co Encontro de Palilleiras ao que se sumarán máis de 600 mulleres.

A carpa instalada no recinto portuario da vila mariñeira albergará, de 10.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, a exhibición que protagonizarán artesás procedentes das catro provincias galegas.