Os presidentes da Federación Veciñal Castelao, Juan Manuel Loureiro e da Federación Teucro, Miguel Vilacoba, mantiveron un encontro co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, cos concelleiros Carme da Silva, César Mosquera e Alberto Oubiña para coñecer con detalles os traballos que se van a desenvolver para poñer en marcha o novo plan de xestión de residuos que planifica o concello de Pontevedra coa utilización de composteiros para o tratamento de residuos orgánicos.
Tanto Loureiro como Vilacoba consideran que se trata dun proxecto ambicioso e que as dificultades se atoparán en lograr a implicación dos veciños para o que entenden que será necesario unha campaña porta a porta, sobre todo no rural. Miguel Vilacoba sinalou que ata hai unhas décadas os residuos orgánicos aproveitábanse nas parroquias para o animais pero, con todo, na actualidade non se emprega e será necesario "cambiar os hábitos". E Juan Manuel Loureiro apuntou que un importante incentivo será o de abaratar o prezo da recollida do lixo.
A concelleira Carme da Silva sinalou que faltaban representantes da Federación Boa Vila porque non lograran poñerse en contacto coa súa directiva. Con todo, apuntou a que se convocará en próximas datas unha nova reunión na que participen as tres federacións veciñais de Pontevedra, ademais doutras asociacións que non forman parte de ningunha destes colectivos.
Da Silva apuntou á necesidade de implicación da Xunta de Galicia en todo este proxecto para que se some á colaboración que xa está a ofrecer a Deputación provincial.