As illas do chocolate renuncian ao fertilizante sintético e copian o sistema de compostaxe da Deputación

Pontevedra
08 de setembro 2020

Un grupo de técnicos enviados polo Goberno autónomo da illa de Príncipe atópase en Pontevedra para adquirir todos os coñecementos necesarios para poder implantar con éxito o modelo de compostaxe do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra

Recepción institucional á delegación de Illa de Príncipe
Recepción institucional á delegación de Illa de Príncipe / Mónica Patxot

Un grupo de técnicos enviados polo goberno autónomo da illa de Príncipe atópase en Pontevedra para adquirir todos os coñecementos necesarios para poder implantar con éxito o modelo de compostaxe do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra.

Esta pequena illa, de apenas 8.000 habitantes e localizada no Golfo de Guinea, está declarada pola Unesco Reserva da Biosfera e forma parte do arquipélago de San Tomé e Príncipe.

Este martes a presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva, o vicepresidente César Mosquera, o deputado responsable do Revitaliza Uxío Benítez, así como o asesor técnico Carlos Pérez e a técnica María Martínez Abraldes, participaron na recepción institucional á delegación de Isla de Príncipe encabezada pola directora rexional de Medio Ambiente e Conservación da Natureza, María José Praceres.

Segundo explicou María José Praceres, o seu país fixouse no sistema pontevedrés para "xestionar o seu lixo orgánico e evitar que acabe no mar", tras analizar diversas prácticas aplicadas en distintas partes do mundo.

Ademais, a poboación de Isla Príncipe seleccionou o modelo pontevedrés a través dun órgano de consulta de apoio á Reserva da Biosfera que integra a líderes tradicionais, empresariado, autoridades e outras entidades.

A súa intención é poñer en marcha o Revitaliza no territorio de Príncipe, co obxectivo de que estea operativo antes de finais deste ano para o que contan coa axuda dun programa internacional do goberno francés, o Small Islands Organization (SMILO), enfocado ao desenvolvemento e a sustentabilidade de pequenas illas como esta.

César Mosquera indicou que a Deputación está "a achegar coñecemento técnico" coa gran vantaxe de que está baseado "nunha experiencia que funciona".

Isla Príncipe é o maior produtor de chocolate do mundo e, desde hai uns anos, o goberno rexional prohibiu a utilización de fertilizantes sintéticos, polo que María Martínez Abraldes explicou que o compost será unha alternativa ecolóxica para os produtores.

Deste xeito, o sistema axudará a crear emprego e a previr problemas relacionados coa xeración de residuos nunha illa que é "un paraíso" e na que o turismo de luxo crece cada vez máis.