As obras de reacondicionamento da estrada do Muíño, na súa recta final

Poio
25 de setembro 2022

Todos estes traballos de acondicionamento, que contan cun orzamento de 170.000 euros, están indo a "bo ritmo", segundo subliñou Gregorio Agís, responsable de infraestruturas no goberno provincial

Gregorio Agís e Julio Casás visitan as obras da estrada do Muíño PontevedraViva

Os traballos de mellora da estrada do Muíño, en San Xoán de Poio, quedarán rematados nas próximas semanas. Así o destacaron o deputado provincial, Gregorio Agís, e o concelleiro de Obras, Julio Casás, que visitaron as obras que se están a realizar na EP-6003.

Xunto coa limpeza en ambas marxes e a dotación de cuneta tendida, a obra inclúe a instalación de canalizacións de drenaxe e o reforzo da seguridade peonil, con máis espazo para os viandantes.

"Esta estrada necesitaba desta actuación para aumentar a seguridad dos peóns", destacou o concelleiro socialista, que puxo de relevancia os traballos impulsados pola Deputación de Pontevedra, "que sempre está para dar resposta a este tipo de necesidades",

Neste tramo do vial tamén se está a levantar un muro de contención para aumentar a plataforma incorporando zonas de paso.

Todos estes traballos de acondicionamento, que contan cun orzamento de 170.000 euros, están indo a "bo ritmo", segundo subliñou Agís, responsable de infraestruturas no goberno provincial.