O próximo mes de setembro iniciaranse as obras de reforma do pavillón da Raña, que foron licitadas e adxudicadas á empresa Ediserpo S.L. que ofertou un prezo de 199.746,80 euros e unha redución dos prazos para executar as obras contempladas no proxecto.
Actualmente o polideportivo conta cunha bancada para un aforamento de 727 prazas en bancada fixa e 320 espectadores en bancada retráctil. Substituiranse as actuais bancadas móbiles por unhas novas e eliminarase parte das bancadas situadas no testero da última planta, sen variar o aforamento total do edificio.
O proxecto contempla un novo pavimento xunto ao existente de tipo aeroelástico consistente en dobre taboleiro contrachapado sobre soportes puntuais elásticos.
Sobre a pista marcarase de novo unha pista de baloncesto no medio do pavillón, na que as bandas e as zonas se colorearán con sólido de cor, e marcarase unha pista de balonmán. Ademais marcaranse tres pistas de minibasket perpendiculares á orientación principal da pista.