As obras de remodelación do depósito de auga da Costa avanzan a bo ritmo

Marín
26 de abril 2022

O depósito de auga da Costa forma parte do sistema de abastecemento de auga potable a Marín e nesta actuación remodelarase toda a instalación hidráulica que, a pesar de atoparse en servizo, presenta un avanzado estado de deterioración

Obras de rehabilitación do depósito de auga da Costa en Marín Concello de Marín

O goberno local de Marín informa do avance da obra de rehabilitación integral do depósito de auga da Costa, que deu comezo a principios de ano.

O obxectivo do proxecto é remodelar toda a instalación hidráulica, xa que, a pesar de atoparse en servizo, presenta un avanzado estado de deterioración.

O depósito de auga da Costa forma parte do sistema de abastecemento de auga potable a Marín.

Con esta actuación, acondicionarase todo o depósito, incluíndo a cámara de chaves, e renovarase a caldeirería e as válvulas, coa finalidade de facilitar o control e manipulación do sistema.

Estes traballos contan cun orzamento de máis de 163.000 euros con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.