As obras de remodelación integral do campo de fútbol de Campañó, en marcha

Pontevedra
02 de outubro 2018

O prazo de execución dos traballos é de seis meses e contan cun investimento que rolda o millón de euros. "Vai ser unha obra moi significativa na parroquia",  asegura o concelleiro Demetrio Gómez

Inicio das obras de remodelación do campo de fútbol de Campañó
Inicio das obras de remodelación do campo de fútbol de Campañó / PontevedraViva

Co inicio de mes a empresa adxudicataria da remodelación integral do campo de fútbol de Campañó iniciou os traballos para crear no lugar unha instalación de herba sintética de última xeración.

A maquinaria empezou a despexar o terreo e os operarios para desmontar os vestiarios, aínda que a presenza de amianto na cuberta retardará esta tarefa uns días.

"Supón un investimento dun millón e ademais vai ser unha obra moi significativa na parroquia. Vamos a facer aquí un novo núcleo de centralidade xa que é tamén a entrada ao parque da Tomba", explicou o concelleiro Demetrio Gómez nunha visita ao lugar realizada este martes coa edil de Deportes, Anxos Riveiro.

O novo campo de fútbol " vai ter as medidas máximas que dá", sinalou Demetrio Gómez, que son 95x53 metros xa que se atopa encaixonado contra un terraplén.

O seu prazo de execución é de seis meses, data na que desde o goberno local esperan que tamén estean xa en funcionamento os campos de Ponte Sampaio e Gato Morto, en Xeve, uníndose á instalación xa en funcionamento en Cerponzóns.