As obras de saneamento en San Miguel de Couselo empezarán a próxima semana

Umia
03 de abril 2021

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, e a concelleira Ana Loureiro, visitaron este sábado o núcleo do Pazo na parroquia de San Miguel de Couselo para reunirse cos veciños e veciñas da zona onde, a próxima semana, comezará a obra de mellora  

Manuel Campos visita a parroquia de San Miguel de Couselo
Manuel Campos visita a parroquia de San Miguel de Couselo / Concello de Cuntis

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, e a concelleira Ana Loureiro, visitaron este sábado o núcleo do Pazo na parroquia de San Miguel de Couselo para reunirse cos veciños e veciñas da zona onde, a próxima semana, comezará a obra de mellora. 

Cunha inversión de preto 40.000 euros, o Concello relizará unha obra integral instalando unha canalización de saneamento e recollida de pluviales.

Así mesmo, Cuntis está a traballar co goberno de España para realizar os proxectos de saneamento na parroquia de San Miguel de Couselo e nos núcleos rurais de Zoo o Folgoso e Mesego na parroquia de Santa María de Cuntis. Neste caso, a inversión supera o millón e medio de euros.