As obras do centro cívico da zona sur concluirán no verán

Pontevedra
02 de abril 2014

En dous meses deberían estar rematadas as obras de acondicionamento que se están a levar a cabo na antiga residencia da ONCE en Campolongo para convertela no centro cívico da zona sur

Visita ás obras do centro cívico da zona sur Mónica Patxot

En dous meses deberían estar rematadas as obras de acondicionamento que se están a levar a cabo na antiga residencia da ONCE en Campolongo para convertela no centro cívico da zona sur.

Esta é a previsión que manexan os técnicos municipais e que este mércores trasladaron ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, durante a visita que realizou para supervisar estes traballos.

O rexedor estivo acompañado dos concelleiros Carme Fouces e Demetrio Gómez así como dun numerosos grupo de representantes das asociacións veciñais Amigos de Campolongo, Estrigueiras e Salcedo Norte, que será as beneficiarias deste edificio.

"O edificio está nunhas condicións de deterioración por estar pechado e non ser utilizado durante moitos anos e había tamén uns problemas de funcionamento dá recollida de augas no tellado que ían internamente pola parede", explicou Fernández Lores.

Nun principio deste inmoble de seis plantas utilizaranse tan só dous, a planta de acceso e o semi soto, "posteriormente en colaboración con outras entidades veremos que uso se lle dá ao resto".

Mentres non se urbanice o recinto será necesario pechar un acordo coa ONCE para o acceso a este edificio que forma parte das súas instalacións, asegurou o alcalde "pero temos unha relación perfecta coa Once e imos a chegar a un acordo, seguro" unha afirmación que ratificou o director do Centro de Recursos Educativos que a ONCE ten en Pontevedra, José Ángel Abraldes. "Nos pondremos de acuerdo con total seguridad", sinalou.