As obras no último treito da Avenida de Vigo estarán concluídas en outubro

Pontevedra
29 de setembro 2017

A reurbanización do último tramo da avenida de Vigo, entre a rúa Luís Seoane e o entroncamento coa rotonda do Nó do Pino, van "en prazo", segundo destacou este luns o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. Os traballos estarán concluídos a finais do próximo mes de novembro

Visita de Lores ás obras da avenida de Vigo Mónica Patxot

A reurbanización do último tramo da avenida de Vigo, entre a rúa Luís Seoane e o entroncamento coa rotonda do Nó do Pino, van "en prazo", segundo destacou este luns o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.

Os traballos estarán concluídos a finais do próximo mes de novembro.

Fernández Lores comprobou que as obras están "moi avanzadas" e permitirán incorporar todo este ámbito ás zonas da cidade que teñen "estándares de calidade urbana", coa mellora de espazos peonís, a eliminación de barreiras arquitectónicas e unha mellor mobilidade.

A rúa manterá un carril de circulación en sentido saída da cidade.

"Estamos moi satisfeitos co resultado", engadiu o alcalde, ao comprobar que a marxe esquerda da rúa xa está completada.

COVSA é a empresa que está a executar estes traballos, que contan cun orzamento de case 237.000 euros e que, esteticamente, dan continuidade ao resto da Avenida de Vigo.

A obra contempla ademais estacionamento en liña en ambos os lados da rúa, beirarrúas dun mínimo de tres metros e completar a iluminación que falta, ademais de reconstruír a rede de sumidoiros.