As obras de reforma urbana no ámbito dos Campos, na entrada a Monte Porreiro, entran na súa recta final. A partir de este luns 18 de abril comezan xa os traballos de fresado e asfaltado do viario, unha actuación que se prevé rematar de cara o próximo venres.
O luns e martes realizarase o fresado en zona da intersección das rúas Francia, Portugal e Os Campos. Estes traballos non afectarán ao tráfico rodado.
O mércores comezará o asfaltado nesa zona, o que obrigará a cortes puntuais de tráfico. Pola mañá cortarase o tráfico a partir das 10:00 horas e o acceso a Monte Porreiro será desde a rúa da Pomba. Pola tarde, traballarase na rúa Francia, con desvío do tráfico polas rúas Grecia ou Italia.
Xa o xoves, asfaltarase a rúa dos Campos, entre a intersección coa rúa da Pomba e o antigo colexio. Permitirase o tráfico en ambos os sentidos de forma simultánea mediante semáforo.
Por último, o venres asfaltarase a intersección da rúa da Pomba e Os Campos. O tráfico será desviado cara a avenida de Lugo ou cara a avenida de Bos Aires.