O Museo de Pontevedra dará a benvida á primavera o vindeiro 1 de abril coa reapertura das Ruínas de San Domingos.
Así o anunciou este sábado a Deputación Provincial de Pontevedra, organismo que xestiona o Museo e estas emblemáticas ruínas. Segundo explicaron, previamente fixéronse traballos de mantemento e reacondicionamento.
A apertura coincidirá co inicio da Semana Santa, unha época na que habitualmente medran os visitantes que acoden a Pontevedra e visitan estas instalacións.
O horario de apertura será de martes a sábado en horario de mañá 10.00 a 14.00 horas e de tarde de 16.00 a 19.30 horas. Os domingos e os festivos abrirán só de mañá, de 11.00 a 14.00 horas.
A entrada é, como xa resulta habitual, de balde.