Así quedará a senda peonil entre Alba e San Caetano para a súa estrea no Xacobeo 2021

Pontevedra
24 de setembro 2019

A Consellería ten prevista a licitación das obras a finais deste ano para a súa execución en 2020, cun investimento de 640.000 euros

Infografía da nova senda peonil entre Alba e San Caetano
Infografía da nova senda peonil entre Alba e San Caetano

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica este martes no Diario Oficial de Galicia o Decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para executar na estrada autonómica PO-225 unha senda peonil entre Alba e San Caetano, en Pontevedra.

A Consellería ten prevista a licitación das obras a finais deste ano para a súa execución en 2020, cun investimento de 640.000 euros

Trátase da construción dun itinerario duns 600 metros que coincide coa traza do Camiño Portugués.

A senda, que ten como fin incrementar a seguridade dos veciños e peregrinos nos seus desprazamentos, estará rematada para ser empregada no Xacobeo 2021.