Así será a residencia que se construirá na antiga comandancia da Garda Civil

Pontevedra
10 de abril 2018

A nova edificación ofrecerá 118 prazas residenciais e estará terminada a finais de 2020. Cun investimento de preto de 8 millóns de euros, contará cun horto urbano situado na terraza superior

Residencia de maiores que DomusVi construirá na antiga comandancia da Garda Civil DomusVi

A empresa DomusVi investirá 7.800.000 euros nunha nova residencia para persoas maiores na rúa Doutor Loureiro Crespo, na sede da antiga comandancia da Garda Civil que recentemente adquiriu en poxa pública.

O complexo residencial ofrecerá 118 prazas privadas para persoas maiores con servizos especializados. Segundo informa esta empresa, esta apertura supón a creación emprego estable e non deslocalizable na provincia galega.

A residencia, que estará terminada en 2020, terá seis plantas dedicadas enteiramente á atención das necesidades das persoas maiores.

Deste xeito, as primeiras plantas destinaranse ás zonas de recepción, administración e terapias, ximnasio, sala de convivencia, comedor, cafetería e xardín; e entre a terceira planta e a sexta, distribuiranse os 46 cuartos individuales e 36 dobres das que dispoñerá o centro.

Na edificación destaca a terraza superior onde se habilitará un horto urbano para goce dos maiores máis vinculados ao cultivo da terra.

Para garantir a calidade e o carácter integral do modelo de atención que distingue á compañía, a nova residencia terá un persoal profesional multidisciplinar formada por unhas 65 persoas e liderada por un equipo directivo cualificado e experto que avaliará día a día o estado, tanto físico como psíquico, dos residentes conseguindo así o seu maior benestar.

DomusVi ofrece seis centros máis na provincia poñendo a disposición da poboación pontevedresa 874 prazas residenciais e 170 de centro de día. Con este novo centro, DomusVi afianza a súa posición na comunidade galega onde xestiona 31 residencias e ofrece preto das 4.200 prazas.