Así serán os novos asadores do Lago de Castiñeiras

Marín
16 de maio 2017

A pesar das dificultades do proceso o Concello de Marín segue adiante coa tramitación que pretende conseguir todas as autorizacións e informes favorables para poder situar uns asadores autorizados na zona do Lago de Castiñeiras

Deseño de asador escollido para o Lago de Castiñeiras
Deseño de asador escollido para o Lago de Castiñeiras / Concello de Marín

A pesar das dificultades do proceso o Concello de Marín segue adiante coa tramitación que pretende conseguir todas as autorizacións e informes favorables para poder situar uns asadores autorizados na zona do Lago de Castiñeiras.

Por agora o goberno local encargou o proxecto e conseguiu financiamento para poder levalos a cabo. Tamén se solicitaron as autorizacións necesarias, estando pendente do informe de Medio Rural para poder aprobalo, despois de que foran favorables os de Augas de Galicia, de Conservación da Natureza e de Patrimonio.

A normativa esixe importantes medidas de seguridade. O incendio de Guadalaxara marcou o real decreto estatal de 2005 e o seu desenvolvemento autonómico nunha lei en 2007, intensificaron a prohibición de acender fogueiras no monte para cociñar. Naquel incendio forestal provocado por unha grellada morreron once persoas e arderon 13.000 hectáreas, parte delas pertencentes ao parque natural do Alto Tajo.

O investimento para construír estes asadores é duns 50.000 euros.