Atopan un valioso cogomelo 'reishi' de 8 quilos na Caeira

Pontevedra
16 de outubro 2021

O presidente da asociación micolóxica de Pontevedra O'Bioco, Juan Castiñeira, e tamén propietario do restaurante- vinoteca do mesmo nome, atopou este grande exemplar do fungo ganoderma resinacium, e tenno exposto no seu local

Fungo 'ganoderma resinacium' atopado na Caeira O´Bioco

O presidente da asociación micolóxica de Pontevedra O'Bioco, Juan Castiñeira, e tamén propietario do restaurante- vinoteca do mesmo nome, atopou un grande exemplar do fungo ganoderma resinacium nos montes da Caeira (Poio).

Segundo informa o micólogo, "é un dos cogomelos reishi usado desde hai milenios en Xapón e sobre todo en China", países nos que en tempos pasados o seu uso estaba reservado en exclusiva para a familia do emperador.

Engade Castiñeira que esta especie está a ser agora comercializada por empresas de todo o mundo, precisamente polas súas propiedades medicinais.

O exemplar recollido na Caeira pesa ao redor dos 8 quilos e atópase exposto no restaurante-vinoteca O'Bioco, na rúa Manuel Quiroga, fronte ao Liceo Casino de Pontevedra, para toda aquela persoa interesada que queira contemplalo.