Auga para todos os gustos no Parque de Rosalía de Castro

Pontevedra
20 de xuño 2024

Na tarde deste xoves, malia as baixas temperaturas, un grupo de escolares inauguraba este espazo lúdico situado na contorna do Recinto Feiral de Pontevedra

Inauguración do nuevo parque de auga de Pontevedra Mónica Patxot

Os termómetros marcaba 18 graos este xoves 20 de xuño pero o atractivo de estrear un parque de auga en Pontevedra era razón máis que suficiente para que un grupo de escolares vestisen o bañador e se achegasen ata o Parque de Rosalía de Castro.

Alí os concelleiros do grupo de goberno Xaquín Moreda e Alberto Oubiña, acompañados de integrantes da agrupación socialista co portavoz Iván Puentes á fronte, inauguraban esta nova instalación situada no acceso ao Pazo da Cultura e ao Recinto Feiral.

O parque ofrece diferentes xogos nos que a auga é o principal protagonista. Difusores, chorros e elementos que salpican provocaron as risas entre os máis pequenos, incluso algún bebé tivo a oportunidade de mollarse acompañado polos seus familiares.

Esta nova instalación atópase nunha contorna destinada ao divertimento infantil no que destaca un castelo de grandes dimensións.

A celebración contou cunha festa con animación infantil e actividades de globoflexia.