Avistan unha gran balea azul fronte á illa de Ons

Pontevedra
21 de setembro 2017

Unha balea azul de 24 metros de lonxitude foi localizada este mércores sucando a ría de Pontevedra a 11 millas da illa de Ons. Os membros do Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), con sede no Grove, informaron deste insólito avistamento

Avistan unha gran balea azul fronte á illa de Ons BDRI

Unha balea azul de 24 metros de lonxitude foi localizada este mércores sucando a ría de Pontevedra a 11 millas da Illa de Ons.

Os membros do Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), con sede no Grove, informaron deste insólito avistamento. Foi durante unha saída científica para recoller datos sobre o tránsito de golfiños e outras especies fronte ao litoral de Galicia.

O mércores foi unha xornada con moita actividade na ría xa que, ademais da balea azul, o BDRI tamén avistou 5 baleas de aleta, 11 baleas piloto, 25 marsopas, centos de golfiños comúns e golfiños mulares.

A semana pasada o BDRI informaba doutra balea localizada na ría de Arousa cunha rede de pesca ao redor da súa cabeza.